martes, 26 de enero de 2010

Inscríbeche agora en Campus PHE Grandes Mestres

PHotoEspaña e a Comunidade de Madrid, en colaboración co Concello de Alcalá de Henares a través da Empresa Municipal Promoción de Alcalá, S.A., ofrecen ao longo de todo o ano unha formación en fotografía e artes visuais mediante a organización de Campus PHE Comunidade de Madrid, os talleres e clases maxistrais que se celebran no Antigo Hospital de Santa María a Rica de Alcalá de Henares.

En febreiro ábrese unha nova convocatoria de Campus PHE Grandes Mestres, os talleres monográficos que ofrecen a oportunidade de aprender e traballar xunto a destacados fotógrafos.

Nesta ocasión os talleres serán impartidos por: Juan Manuel Castro Prieto e Ricky Dávila.

Xunto aos talleres organízanse as clases maxistrais nas que os fotógrafos presentan e comentan a súa traxectoria en citas abertas para todos os públicos.

Os talleres terán lugar do xoves 25 ao domingo 28 de febreiro de 2010 no Antigo Hospital de Santa María a Rica en Alcalá de Henares e a cota de inscrición son 250 Euros.

Non perdas a oportunidade e inscríbeche

lunes, 25 de enero de 2010

Concurso Nacional de Fotografía Digital CANSON INFINITY

Participantes Fotógrafos aficionados e profesionais maiores de 18 años residentes en España.
A data de recepción de orixinais vai do 7 de outubro 2009 e remata o 31 de xaneiro de 2010, ambas inclusive.
Bases
Premios
No concurso establecense 2 categorías nas que competirán as fotografías presentadas:
• Mellor Fotografía cor
1er premio: 5.000
2º Premio: 2.500
3er Premio: 1.000
• Mellor Fotografía branco e negro
1er premio: 5.000
2º Premio: 2.500
3er Premio: 1.000
Establecense 3 mencións que serán premiadas cun lote de productos Canson Infinity.

sábado, 16 de enero de 2010

IIª Bolsa de Creación Fotográfica O MAR

O Museo do Mar de Galicia convoca, en colaboración co CEF Centro de Estudos Fotográficos, a IIª Bolsa de Proxectos de Creación Fotográfica: O MAR. O obxectivo deste concurso é ofrecer a posibilidade de elaborar e realizar un proxecto fotográfico propio aos novos autores relativo ao mar galego en calquera das súas circunstancias.

Bases
1º.- Poderán participar os mozos e mozas nacidos ou residentes en Galiza menores de trinta e cinco anos.

2º.- Ao autor do proxecto elixido outorgaráselle unha bolsa cunha dotación de 3.000,00 € para a realización dun traballo fotográfico relacionado co mar de Galiza en calquera das súas circunstancias

3º.- Os candidatos ao premio presentarán unha memoria detallada cunha extensión máxima de 5 folios onde se especificarán os obxectivos teóricos e a metodoloxía do traballo a desenvolver. Así mesmo, presentarase un resumo do proxecto de 15 líñas. Estes dous documentos presentaranse por duplicado.

4º.- Presentarase tamén documentación gráfica do aspirante. Esta consistirá nun mínimo de 5 fotografías representativas do que puidera ser o traballo final para que a comisión avaliadora poida xulgar as posibilidades prácticas do proxecto. Estas imaxes poderían non formar parte do traballo final.

5º.- Adxuntarase tamén un curriculum vitae cos datos do aspirante, domicilio, teléfono, e-mail e fotocopia do carnet de identidade.

6º.- De sé lo caso, deberanse presentar tamén reproducións doutras imaxes realizadas previamente pertencentes a traballos ou proxectos anteriores.

7º.- O proxecto deberá ser inédito, non podendo polo tanto estar publicado nin exposto previamente.

8º.- O proxecto seleccionado non poderá publicarse nin exporse antes da súa presentación e exposición por parte do Museo. Durante un período dun ano posterior á presentación da exposición, o Museo poderá ofertar a itinerancia da mesma, o que implica que non poderá o autor incluílo en ningunha outra exposición durante ese período.

9º.- O número de imaxes deste proxecto será dun mínimo de 30. En caso de que polas súas dimensións ou por outras características particulares o número fora menor, terá que xustificarse axeitadamente.

10º.- O Museo organizará unha exposición co proxecto seleccionado que será coordenada polo Centro de Estudos Fotográficos. Unha vez expostas, as fotografías pasarán a formar parte da Colección Fotográfica do Museo do Mar de Galicia, que tamén poderá utilizar nas súas publicacións, web, mostras, etc.

11º.- Os gastos de tiraxe de copias e montaxe da exposición correrán por conta do Museo, debéndose xustificar debidamente, e non podendo nunca superar a cantidade de 6.000,00 €.

12º.- A documentación para a participación entregarase nas oficinas Museo do Mar de Galicia (Av. Atlántida, 160 36208 VIGO) con data límite do 12 de febreiro de 2010.

13º.- O Museo, en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, publicará un libro que funcionará como catálogo da mostra, dentro da colección Do Trinque.

14º.- O bolseiro comprométese a facer constar en futuras exposición e publicacións que o traballo foi realizado como consecuencia da 2ª Bolsa de Creación Fotográfica: O MAR realizado polo Museo do Mar de Galicia.

15º.- A decisión da comisión avaliadora é inapelábel podendo quedar deserto o Premio por considerar que os traballos non atinxen unha calidade mínima para ser premiados. O feito de presentarse ao concurso leva implícito a aceptación das súas bases.

16º.- Farase público o resultado do concurso o 12 de marzo do 2010.

17º.- O proxecto entregarase totalmente realizado con data límite do 1 de novembro de 2010.

18º.- Os proxectos non premiados poderanse retirar no Museo do Mar de Galicia (Av. Atlántida, 160 36208 VIGO) a partir do día seguinte de facerse público o fallo da Comisión Avaliadora.

19º.- A Comisión Organizadora fará un seguimento periódico do traballo que está a realizar o bolseiro. O bolseiro comprométese a presentar periodicamente o estado no que se atope o seu traballo á persoa que a Comisión designe para facelo.

20º.- O Museo non se fará responsable das perdas ou danos ocasionados perante o envío.

21º.- A Comisión Avaliadora dos proxectos estará formada por persoas vinculadas ao mundo da fotografía e ao mundo do mar.