lunes, 10 de enero de 2011

III Bolsa de Creación Fotográfica O MAR

O Museo do Mar de Galicia convoca, en colaboración co CEF Centro de Estudos Fotográficos, a IIIa Bolsa de Proxectos de Creación Fotográfica: O MAR. O obxectivo deste concurso é ofrecer a posibilidade de elaborar e realizar un proxecto fotográfico propio aos novos autores relativo ao mar galego en calquera das súas circunstancias.
O primeiro ano ganou a bolsa o noso exalumno José Romay, porque non ides repetir este ano. Animádevos e plantexar un proxecto orixinal.
Bases
1.- Poderán participar os mozos e mozas nacidos ou residentes en Galiza menores de trinta e cinco anos.
2.- Ao autor do proxecto elixido outorgaráselle unha bolsa cunha dotación de 3.000,00 € para a realización dun traballo fotográfico relacionado co mar de Galiza en calquera das súas circunstancias
3.- Os candidatos ao premio presentarán unha memoria detallada cunha extensión máxima de 5 folios onde se especificarán os obxectivos teóricos e a metodoloxía do traballo a desenvolver. Así mesmo, presentarase un resumo do proxecto de 15 líñas. Estes dous documentos presentaranse por duplicado.
4.- Presentarase tamén documentación gráfica do aspirante. Esta consistirá nun mínimo de 5 fotografías representativas do que puidera ser o traballo final para que a comisión avaliadora poida xulgar as posibilidades prácticas do proxecto. Estas imaxes poderían non formar parte do traballo final.
5.- Adxuntarase tamén un curriculum vitae cos datos do aspirante, domicilio, teléfono, e-mail e fotocopia do carnet de identidade.
6.- De sé lo caso, deberanse presentar tamén reproducións doutras imaxes realizadas previamente pertencentes a traballos ou proxectos anteriores.
7.- O proxecto deberá ser inédito, non podendo polo tanto estar publicado nin exposto previamente.
As bases completas as tendes aquí.