miércoles, 26 de noviembre de 2008

Google abre la puerta a 10 millones de imágenes del archivo fotográfico de la revista Life


Malia que a edición en papel de Life deuse por finiquitada en abril de 2007, o enorme arquivo fotográfico da revista reapareceu en Internet da man de Google. A compañía fixo público a través do seu motor de busca o 20% da colección de imaxes, aínda que prometeu chegar aos 10 millóns de fotografías nos próximos meses. A maioría das instantáneas, algunhas das cales se remontan ata 1750, nunca antes foran publicadas.
http://images.google.com/hosted/life

viernes, 7 de noviembre de 2008

O xoves 13 as 20 h inauguramos a exposición dos alumnos de segundo curso


O título é "Contradictio in terminis" e será na casa da xuventude de ourense ás 20 h.
Estades tod@s convidados a ver os traballos de cada un dos "futuros artistas", e tamén
o pincho e viño que espero que nos conviden os que asistamos.

Inauguración de Tránsitos


Onte pola tarde inauguramos tránsitos na galería Volter en Ourense
Gracias a todos os que pasasteis pola vosa presencia e voso ánimo
e as críticas que tamén as terei en conta para próximos traballos.
Unha aperta a tod@s

miércoles, 15 de octubre de 2008

París Foto


















Para os afortunados que poidan disfrutar dunha viaxe a cidade da luz
do 13 ao 16 de novembro, podedes visitar Paris Photo


martes, 7 de octubre de 2008

Aqui tendes o calendario dos proxectos finais para a convocatoria de Decembro do 2008

Recordade que é preciso ter feitas e aprobadas as prácticas en centros de traballo.

CONVOCATORIA de DECEMBRO 2008

Data límite de entrega de Anteproxectos Xoves 16 Outubro
(Na secretaría do centro ata as 13:30 horas)
Publicación lista Anteproxectos Aptos/Non aptos Luns 20 Outubro
Entrega de anteproxectos reformados (declarados non aptos) Xoves 23 Outubro
Publicación Lista Definitiva de Anteproxectos Aceptados Luns 27 Outubro
Matrícula Proxectos ata o día Venres 31 Outubro
(Na secretaría do centro ata as 13:30 horas)
Entrega Proxectos Luns 8 Decembro
(Na secretaría do centro ata as 13:30 horas)
Publicación Aptos/Non aptos Venres 12 Decembro
Reunión aclaratoria con alumnos Non aptos Luns 15 Decembro
(As 16 horas no seminario do ciclo, despacho 304)
Presentación Pública dos Proxectos Aptos Xoves 18 Decembro
(No novo salón multiusos da escola ás 10:30 da mañá)
Recollida dos Proxectos a partir do día 18 de Marzo de 2009

Ourense 7 de Outubro do 2008
O coordinador do ciclo
Juan Adrio

lunes, 6 de octubre de 2008

PhotoGalicia

Vai comenzar PhotoGalicia. Exposicións nas catro capitales galegas que son imprescindibles: Eugene Smith (A Coruña), Gabriele Basilico (Lugo), Javier Vallhonrat (Ourense) e Victoria Diehl (Vigo). Este enlace vai o programa oficial.