O Museo do Mar de Galicia convoca, en colaboración co CEF Centro de Estudos Fotográficos, a IIIa Bolsa de Proxectos de Creación Fotográfica: O MAR. O obxectivo deste concurso é ofrecer a posibilidade de elaborar e realizar un proxecto fotográfico propio aos novos autores relativo ao mar galego en calquera das súas circunstancias.
O primeiro ano ganou a bolsa o noso exalumno José Romay, porque non ides repetir este ano. Animádevos e plantexar un proxecto orixinal.
Bases
1.- Poderán participar os mozos e mozas nacidos ou residentes en Galiza menores de trinta e cinco anos.
2.- Ao autor do proxecto elixido outorgaráselle unha bolsa cunha dotación de 3.000,00 € para a realización dun traballo fotográfico relacionado co mar de Galiza en calquera das súas circunstancias
3.- Os candidatos ao premio presentarán unha memoria detallada cunha extensión máxima de 5 folios onde se especificarán os obxectivos teóricos e a metodoloxía do traballo a desenvolver. Así mesmo, presentarase un resumo do proxecto de 15 líñas. Estes dous documentos presentaranse por duplicado.
4.- Presentarase tamén documentación gráfica do aspirante. Esta consistirá nun mínimo de 5 fotografías representativas do que puidera ser o traballo final para que a comisión avaliadora poida xulgar as posibilidades prácticas do proxecto. Estas imaxes poderían non formar parte do traballo final.
5.- Adxuntarase tamén un curriculum vitae cos datos do aspirante, domicilio, teléfono, e-mail e fotocopia do carnet de identidade.
6.- De sé lo caso, deberanse presentar tamén reproducións doutras imaxes realizadas previamente pertencentes a traballos ou proxectos anteriores.
7.- O proxecto deberá ser inédito, non podendo polo tanto estar publicado nin exposto previamente.
As bases completas as tendes aquí.
lunes, 10 de enero de 2011
sábado, 25 de diciembre de 2010
Cursos online de grandes fotógrafos
Son en Inglés.
Se alguén se anima que nos comente o resultado.
Aquí tendes o link: http://creativelive.com/live
Se alguén se anima que nos comente o resultado.
Aquí tendes o link: http://creativelive.com/live
lunes, 29 de noviembre de 2010
I Concurso Internacional de Fotografía Galería Cero

Primer premio 18.000€
Segundo Premio 3.000€
O prazo de recepción de obras é do 1 de Novembro de 2010 e remata ás 22 horas do día 30 de Decembro de 2010.
Envios a:
Galería Cero
C/ Fuenterrabía 13
28014 Madrid
Bases completas na páxina web da Galería
miércoles, 24 de noviembre de 2010
Workshop Arkofoto / Fotocasión

O control da luz, Técnica de iluminación Strobist e Xestión da Cor
Será o vindeiro xoves 2 de decembro no aula de Fotocasión (Madrid)
O taller estará a cargo do fotógrafo Jose Pérez Gegúndez (Fotógrafo Profesional e Apple Prol Certified), impartiu cursos a Fotógrafos de Renome como Isabel Muñoz, Cesar Lucas, etc.
Jose ensinará cal é o fluxo de traballo desde a captura ata a impresión.
Veremos a importancia de medir ben as luces, Balances de cor directamente en cámara, iluminación con flashes compactos de cámara controlándoos inalámbricamente. A xestión de cor no fluxo de traballo Dixital e a xestión de arquivos.
Para apuntarche envía un email a: formación@fotocasiondigital.com
Horario do Taller: 10:30 a 14:00 e 16:30 a 19:00
Lugar: Fotocasión, C/ Ribeira de curtidores 22, Madrid
Custo do Taller: 50 € *
*(Entrégase Vale 50 € reembolsable por material. Sen caducidade)
Organizan Arkofoto e Fotocasión
XX Semana do Cine Submarino de Vigo

Este ano celébrase o 20 aniversario da "Semana Internacional de Cine Submarino de Vigo", na que se presentarán dúas producións galegas: "A carón do Miño", espectacular documental con tecnoloxía 3D e "O mar do fin do Mundo", a mellor produción submarina galega de todos os tempos segundo comentoume o director da Semana de Cine Submarino José Luís González.
Os documentais poderanse gozar no Centro Cultural Caixanova os días 24, 25 e 26 de Novembro.
Aqui tendes un enlace para ver imaxes submarinas e o programa completo do evento.
Grazas a Ignacio e Enrique pola información.
domingo, 21 de noviembre de 2010
Unha Escena de Juan Adrio e Vanesa Díaz
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Por si pasades por compostela estes días
Unha xornada interesante en Compostela
No CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)tendes exposións interesantes.

Unha de Cristina García Rodero "Trastempo" que inaugurase este xoves.

Outra de Jane&Louise Wilson "Tempo suspenso" que sorprendeume polos seus montaxes e calidade e vos recomendo que visitedes.

En San Martín Pinario tendes a exposición de Candida Höfer que tamén temos disfrutado este martes pasado cos alumnos de segundo curso.
Son todas de balde, así que si ides por compostela xa sabedes.
Por último eu tamén terei en Compostela o meu graniño de area xunto con Vanesa díaz dentro do Outono Fotográfico deste ano. Por si vos apetece ir criticar o voso mestre deixo a invitación.
No CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)tendes exposións interesantes.

Unha de Cristina García Rodero "Trastempo" que inaugurase este xoves.

Outra de Jane&Louise Wilson "Tempo suspenso" que sorprendeume polos seus montaxes e calidade e vos recomendo que visitedes.

En San Martín Pinario tendes a exposición de Candida Höfer que tamén temos disfrutado este martes pasado cos alumnos de segundo curso.
Son todas de balde, así que si ides por compostela xa sabedes.
Por último eu tamén terei en Compostela o meu graniño de area xunto con Vanesa díaz dentro do Outono Fotográfico deste ano. Por si vos apetece ir criticar o voso mestre deixo a invitación.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
