lunes, 21 de marzo de 2011

I BOLSA DE CREACION FOTOGRÀFICA DA CONCELLERÌA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE OURENSE “ ROMPENDO ESTEREOTIPOS”

BASES DA BOLSA DE CREACIÒN FOTOGRÀFICA:

1.- Poderàn participar os alumnos e alumnas das catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño ( E.A.S.D) de Galicia.

2.- O tema a tratar, e sobre o que incidiran as obras seràn os estereotipos de xènero , entendendo por esto, o conxunto de creencias sociais existentes sobre as características fìsicas e psìquicas que se consideran apropiadas para homes e mulleres. Estos serían a feminidade para as mulleres e a masculinidade para os homes, cos seus correspondentes atributos. Atopàmonos con eles en todos os àmbitos das nosas vidas por mor da educaciòn recibida e da nosa cultura.Quèn non identifica a fregona e a escoba con unha muller o un home como piloto de aviòn de unha gràn compañìa aèrea?....Pois ben, son estes estereotipos os que se atopan na orixe das desigualdades entre homes e mulleres, e en moitos dos casos, os culpables dos machismos e demais problemas entre sexos. Estàn presentes en todos os àmbitos do noso dìa a dìa, dende a publicidade e o cine ata o traballo e a educaciòn.
Pois ben, mediante as obras presentadas, e atendendo o tìtulo de esta I Bolsa de Fotografìa “ Rompendo Estereotipos”, desexamos e nos gustarìa que se presentaran precisamente obras, que non seguiran estes estereotipos, unha ollada a realidade na que se vexa reflexada que non necesariamente o sexo home o muller, ten que ir asociado a unhas determinadas caracterìsticas e sobre todo, que è posible e necesario un cambio de mentalidade creado e propiciado por estos conceptos construidos socialmente. Nacemos
home o muller, mais esto soamente implica diferenzas de tipo biolòxico, non ten
porquè determinar o resto de aspectos das nosas vidas: traballo, sexualidade, tempo de
lecer...etc.

3.- Ò autor do proxecto elexido outorgaràselle unha bolsa con unha dotaciòn de 1000E en concepto de honorarios pola realizaciòn do traballo fotogràfico relacionado coa igualdade.

4.- Os candidatos ò premio presentaràn un resumo do proxecto de 15 liñas e unha memoria detallada cunha extensiòn màxima de 4 folios onde se expondràn os obxectivos teòricos, a metodoloxìa do traballo a desenvolver. Estes dous documentos presentarànse por triplicado.

5.- Presentarase tamèn unha documentaciòn gràfica do aspirante. Esta consistirà en cinco imaxes de traballos anteriores e entre unha e tres imaxes representativas do que poderìa ser o traballo final para que a comisiòn avaliadora poida xulgar as posibilidades pràcticas do proxecto ( estas imaxes poderìan non formar parte do traballo final ).

6.- Adxuntarase un curriculum vitae cos datos do aspirante, domicilio, telèfono, e-mail e fotocopia do carnet de identidade e do da escola de arte.

7.- O proxecto terà que ser inèdito, non podendo haber sido publicado nin exposto previamente.

8.- O nùmero de imaxes mìnimo do proxecto serà de 20 e o màximo de 30. Si por calquera circunstancia o nùmero de imaxes fora menor terà que ser xustificado axeitadamente.

9.- A Concellerìa de Igualdade do Concello de Ourense organizarà unha exposiciòn co proxecto seleccionado. Unha vez expostas, as imaxes pasaràn a formar parte da colecciòn fotogràfica da Concellerìa de Igualdade do Concello de Ourense e poderà empregalas para as sùas publicaciòns, web...etc.

10.- O proxecto seleccionado soamente poderà presentarse como proxecto final do Ciclo Superior de fotografìa das escolas de arte de Galicia, con anterioridade à sùa presentaciòn e exposiciòn pola Concellerìa de Igualdade do Concello de Ourense.

11.- Os gastos de tiraxe e montaxe da exposiciòn correràn por parte da Concellerìa de Igualdade, debèndose xustificar debidamente e nunca poderà ser superior à cantidade de 2.500E.

12.- A documentaciòn para participar enviarase ou entregarase nas oficinas da Concellerìa de Igualdade do Concello en :
- Rùa Concordia nº20 entrechàn, esq. 32003 Ourense
- Màis Informaciòn: Tfno: 988374401
Enderezo electrònico: concelleriamuller@ourense.es

13.- A Concellerìa de Igualdade do Concello de Ourense compromètese a publicar unha das fotos da obra premiada mais o C.V do gañador no vindeiro catàlogo do “Outono Fotogràfico” 2011.

14.- O bolseiro terà que facer constar en futuras exposiciòns e publicaciòns do traballos que è o resultado da I Bolsa de Creaciòn Fotogràfica da Concellerìa de Igualdade do Concello de Ourense en Colaboraciòn coa EASD “Antonio Failde”.

15.- A decisiòn da Comisiòn Avaliadora è inapelable podendo quedar o premio deserto de considerar que os traballos non teñen unha calidade mìnima para ser premiados.

16.- O prazo de presentaciòn dos traballos comenzarà o vindeiro 22 de marzo e rematarà o 11 de abril. Farase pùblico o resultado do concurso o mèrcores 13 de abril do 2011. O resultado serà comunicado ò gañador ou gañadora e farase pùblico na web do Concello de Ourense.

17.- O proxecto gañador entregarase totalmente rematado e listo para expoñer con data lìmite 17 de maio, sendo a inaguraciòn oficial da exposiciòn o xoves 19 de maio do 2011.

18.- Os proxectos non premiados poderàn retirarse na Cocellerìa de Igualdade a partir do dìa seguinte o da publicaciòn do fallo da Comisiòn Avaliadora.

19.- A Comisiòn Organizadora farà un seguimento periòdico do traballo que està a realizar o bolseiro, quen se compromete a presentar periòdicamente o estado do traballo à persoa que a comisiòn destine para facelo.

20.- A Concellerìa de Igualdade, non se farà responsable das perdas ou danos ocasionados no envìo da documentaciòn dos participantes.

21.- A Comisiòn Avaliadora estarà formada por dùas persoas vinculadas à Concellerìa e tres profesores da EASD “Antonio Failde” de Ourense.

22.- Valorarase na obra: tècnica utilizada, calidade fotogràfica, contido e relaciòn coa temàtica a tratar e orixinalidade da mesma.

23.- A participaciòn leva implìcita a total aceptaciòn destas bases.


En Ourense a 21 de marzo de 2011.

Organiza: Concellerìa de Igualdade
Colabora: E.A.S.D “Antonio Failde” Ourense

No hay comentarios: