lunes, 23 de enero de 2012

Abre a convocatoria para Descubrimentos PHE, o visionado de porfolios de PHotoEspaña



PHotoEspaña, festival internacional de fotografía e artes visuais abre a convocatoria de Descubrimentos PHE.

Descubrimentos PHE é o visionado de porfolios de PHotoEspaña que terá lugar os días 5, 6 e 7 de xuño de 2012 en Madrid. O visionado ofrece a fotógrafos de todo o mundo a oportunidade de mostrar o seu traballo, en reunións individuais, a sete comisarios e editores especializados no medio.

De entre todos os porfolios recibidos nesta convocatoria, un xurado seleccionará a setenta fotógrafos para participar no visionado.

Algúns dos visionadores nesta edición 2012 son:

Barnabas Bencsik Director, Ludwig Múzeum, Budapest
Vladimir Birgus Historiador e crítico, Director de Institute of Creative Photography, República Checa
Jesús Carrillo Xefe de programas culturais, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia, Madrid
Mariani Chiara Nilla Editora gráfica, Il Correr della Sera Magazine, Sette, Italia
Yukie Kamiya Comisaria xefe, Hiroshima City Museum of Contemporary Art, Japon
Baudoin Lebon Director, Galería Baudoin Lebon, Paris
Mónica Portillo Comisaria e crítica independente, España
Gabriele Schor Comisaria xefe, Verbund collection, Viena
Steffi Schulze Xerente, Camera Work, Berlin
Ingo Taubhorn Comisario, Haus der Photographie - Aktuelle Kunst, Hamburgo
Marianne Thery Directora, Edition Textuel, Francia

Non perdas a oportunidade e inscríbeche (Custo de preinscrición 20€. Custo da actividade 230€)

Tes ata o 15 de febreiro para inscribirche.

Para máis información visita aquí a web

No hay comentarios: