domingo, 21 de noviembre de 2010

Unha Escena de Juan Adrio e Vanesa Díaz


A nosa expo estará no Centro Sociocultural de Fontiñas ata o 30 de Novembro.
Vos deixo unha panorámica da sala.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Por si pasades por compostela estes días

Unha xornada interesante en Compostela

No CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)tendes exposións interesantes.



Unha de Cristina García Rodero "Trastempo" que inaugurase este xoves.



Outra de Jane&Louise Wilson "Tempo suspenso" que sorprendeume polos seus montaxes e calidade e vos recomendo que visitedes.



En San Martín Pinario tendes a exposición de Candida Höfer que tamén temos disfrutado este martes pasado cos alumnos de segundo curso.

Son todas de balde, así que si ides por compostela xa sabedes.

Por último eu tamén terei en Compostela o meu graniño de area xunto con Vanesa díaz dentro do Outono Fotográfico deste ano. Por si vos apetece ir criticar o voso mestre deixo a invitación.

sábado, 16 de octubre de 2010

Interesantes cursos sobre Xestión de cor e HDR


Inscripcións en www.servinova.com
Son 150€ cada curso pero penso que será unha boa inversión.

martes, 12 de octubre de 2010

Concurso Canson de Fotografía




Animadevos a participar. Si non tendes papel de canson o podedes atopar en vigo en digipres.
C/ Martínez-Garrido 55 local 1 post.
36205 Vigo Telf.986264100 fax 986267976
www.digipressystem.com
Todala informción en http://www.canson.es/concursofotografia/

miércoles, 14 de julio de 2010

Apariencias




Si vos animades a visitar caldas no Cultura Quente podedes ver o que temos exposto no auditorio, vos deixo unhas imaxes da expo.

domingo, 4 de julio de 2010

Inauguramos expo en Caldas de Reis el día 6 de Xullo ás 12 da mañá



APARENCIAS

Sempre foi a paisaxe escenario de experiencias artísticas, motor de motivacións creativas ao amparo da maior obra de arte que nos podamos atopar. Moito variou a percepción do artista desde aquel home primitivo e a súa visión panteísta da natureza, o mero marco de representación do real do mundo renacentista e barroco, a espiritualidade do home romántico, a experimentación impresionista e o posterior desenvolvemento de diferentes istmos durante as primeiras décadas do século XX, que aínda que arrinconaron a natureza en beneficio do emerxente mundo urbano, sempre mantiveron aspectos da natureza como destacados referentes da súa obra. Esta consideración referencial incrementouse cos movementos artísticos expostos a partir dos anos sesenta, cando a arte rompe coa galería e sae ao exterior, intervén na natureza e traballa directamente sobre ela.

Calquera tempo coincide nun aspecto, o envorcarse a mirar facía ese territorio, en recrearse naquilo que nos rodea e poder desenvolver diferentes experiencias sobre as súas posibilidades. Juan Adrio e Vanesa Díaz propón unha nova reflexión sobre como achegarse á natureza a través de miradas. Dese acto contemplativo que tanto satisfai ao ser humano e que aquí se articula ao redor de diferentes visións. Aparencias, como eles mesmos as definen, á hora de capturar unha paisaxe, ou mellor dito un instante da paisaxe. Miradas fragmentarias dun universo vastísimo, pero con tanta capacidade de sugestión que ata o menor detalle posúe a mesma forza que unha mirada máis ampla. As súas diferentes fotografías sitúan ante nós aspectos moitas veces desprezados: insectos sobre a canle dun río, o bater das augas, a tea dunha araña, a superficie de pedra, a humidade... Silencios dunha natureza menor que se enfrontan a un fermoso horizonte ou a unha conxunción planetaria. Unha viaxe entre o inmenso e o íntimo. Unha poética do espazo e o tempo que en Caldas de Reis articúlase ao redor dun dos seus grandes valores como recipiente de todos estes efectos. O escenario perfecto para ser percorrido, como fixeron os nosos protagonistas co afán de ensinarnos a mirar unha nova articulación da paisaxe, e poder así descubrir, sen medos nin prexuízos, novas sensacións. Arte para sentir e para palpar un fluír de vida. Un fluír creativo.

Ramón Rozas