domingo, 4 de julio de 2010

Inauguramos expo en Caldas de Reis el día 6 de Xullo ás 12 da mañá



APARENCIAS

Sempre foi a paisaxe escenario de experiencias artísticas, motor de motivacións creativas ao amparo da maior obra de arte que nos podamos atopar. Moito variou a percepción do artista desde aquel home primitivo e a súa visión panteísta da natureza, o mero marco de representación do real do mundo renacentista e barroco, a espiritualidade do home romántico, a experimentación impresionista e o posterior desenvolvemento de diferentes istmos durante as primeiras décadas do século XX, que aínda que arrinconaron a natureza en beneficio do emerxente mundo urbano, sempre mantiveron aspectos da natureza como destacados referentes da súa obra. Esta consideración referencial incrementouse cos movementos artísticos expostos a partir dos anos sesenta, cando a arte rompe coa galería e sae ao exterior, intervén na natureza e traballa directamente sobre ela.

Calquera tempo coincide nun aspecto, o envorcarse a mirar facía ese territorio, en recrearse naquilo que nos rodea e poder desenvolver diferentes experiencias sobre as súas posibilidades. Juan Adrio e Vanesa Díaz propón unha nova reflexión sobre como achegarse á natureza a través de miradas. Dese acto contemplativo que tanto satisfai ao ser humano e que aquí se articula ao redor de diferentes visións. Aparencias, como eles mesmos as definen, á hora de capturar unha paisaxe, ou mellor dito un instante da paisaxe. Miradas fragmentarias dun universo vastísimo, pero con tanta capacidade de sugestión que ata o menor detalle posúe a mesma forza que unha mirada máis ampla. As súas diferentes fotografías sitúan ante nós aspectos moitas veces desprezados: insectos sobre a canle dun río, o bater das augas, a tea dunha araña, a superficie de pedra, a humidade... Silencios dunha natureza menor que se enfrontan a un fermoso horizonte ou a unha conxunción planetaria. Unha viaxe entre o inmenso e o íntimo. Unha poética do espazo e o tempo que en Caldas de Reis articúlase ao redor dun dos seus grandes valores como recipiente de todos estes efectos. O escenario perfecto para ser percorrido, como fixeron os nosos protagonistas co afán de ensinarnos a mirar unha nova articulación da paisaxe, e poder así descubrir, sen medos nin prexuízos, novas sensacións. Arte para sentir e para palpar un fluír de vida. Un fluír creativo.

Ramón Rozas

No hay comentarios: