martes, 11 de mayo de 2010

Xa temos cursos de formación con profesionais na escola


Tendes toda a información e tarifas na sección de fotografía da aula virtual da escola. Na sección de Erregebé. Accedese como convidado. De momento quedan prazas nos talleres de Pedro Etura, David Jimenez e nas tres sesións de photoshop. Esperamos as vosas inscripcións.

jueves, 15 de abril de 2010

Un curso interesante sobre a creación fotográfica

Armando García Ferreiro

Titulase "Apreciación y construcción de mundos fotográficos"
Vai dirixido a
"Personas que tengan ganas de analizar, experimentar y avanzar en sus recursos creativos en fotografía, tanto a nivel de autor como de espectador. No importa tanto un supuesto nivel fotográfico, como la capacidad, flexibilidad y sobre todo interés por escuchar lo que las imágenes nos pueden llegar a decir"

"Fotógrafos con mayor o menor experiencia interesados en pensar desde otros ángulos su trabajo y el sentido de hacer fotografía hoy día"

"Espectadores que, desde el interés y la implicación, disfrutan con las imágenes, con el arte, y buscan disponer de más coordenadas para avanzar en ese proceso creativo de acercarse a una fotografía de la que uno no es autor"

Todo isto nuha casa rural na Costa da Luz con dous días de paseo en barco incluidos, e mais cousas…
O relator igual vos soa, trátase de Armando García Ferreiro.
O que lle interese ten aquí toda a información. Penso que é un bo plan para este verán.

miércoles, 14 de abril de 2010

Anteproxectos Aptos/No aptos Xuño 2010


Aqui tendes a lista cos tutores de cada alumno e os días e horas de tutoría correspondentes.
Moito ánimo pra tod@s e bo traballo.

martes, 6 de abril de 2010

miércoles, 24 de marzo de 2010

Premio de Fotografía para Artistas Novos

Por décimo ano consecutivo a revista El Cultural convoca o seu Premio de Fotografía para Artistas Novos que na súa edición anterior gañou Greta Alfaro (Pamplona, 1977).

Un xurado composto por críticos de arte do CULTURAL, ademais da galerista Marta Cervera, será o encargado de seleccionar entre todos os participantes ao gañador desta edición que recibirá 5.000 euros para a produción dunha exposición individual na Galería Marta Cervera de Madrid.
A mostra celebrarase coincidindo co festival de fotografía PHotoEspaña, e ademais, como vén sendo habitual, El CULTURAL publicará nas súas páxinas un dossier coas fotografías do gañador.

O concurso está dirixido a todos os artistas, non maiores de 35 anos, que non expoñan a súa obra de forma individual nunha galería comercial. Deberán participar con obras de tema e técnica libres, orixinais, inéditas e non premiadas noutros certames.

Deberá enviarse, por correo ou mensaxería a
El CULTURAL (Concurso de fotografía. Avenida de San Luís, 25-27. 28033 Madrid)

- Un dossier con reproducións en papel de 10 fotografías distintas, sen enmarcar, cuxo tamaño non exceda os 30 x 30 cm., identificadas no dorso co nome do artista, título e data de realización;
- Un currículo (no que consten a súa formación e a súa traxectoria profesional, nome completo, dirección, teléfono e fotocopia do DNI)
- Unha breve explicación do proxecto que inclúa precisións sobre o tamaño, a técnica e o soporte en que se exporían as obras en caso de resultar premiadas.

O prazo de recepción de obras finaliza o 30 de abril de 2010.

martes, 23 de marzo de 2010

Saen a venda os cartuchos para polaroid



Con só uns meses de retraso sobre as previsions iniciais The Impossible Project acaba de anunciar que su película compatible con cámaras Polaroid estará a venda a partir do 25 de marzo, apenas dentro de dous días.
Serán cartuchos de 8 exposicions en branco e negro a un prezo de 16 libras, en dos variantes, os PX100 para cámaras Polaroid SX-70, e a PX600, compatible con cámaras da serie 600 e as novas PIC-1000 presentadas hace uns meses.

Inauguración da Exposición Pano de Fondo


ACHEGAMENTO Á FOTOGRAFÍA DE ESTUDIO 1880-1960

CENTRO CULTURAL CAIXANOVA- VIGO
INAUGURACIÓN: MÉRCORES 24 DE MARZO ÁS 20h.