miércoles, 24 de marzo de 2010

Premio de Fotografía para Artistas Novos

Por décimo ano consecutivo a revista El Cultural convoca o seu Premio de Fotografía para Artistas Novos que na súa edición anterior gañou Greta Alfaro (Pamplona, 1977).

Un xurado composto por críticos de arte do CULTURAL, ademais da galerista Marta Cervera, será o encargado de seleccionar entre todos os participantes ao gañador desta edición que recibirá 5.000 euros para a produción dunha exposición individual na Galería Marta Cervera de Madrid.
A mostra celebrarase coincidindo co festival de fotografía PHotoEspaña, e ademais, como vén sendo habitual, El CULTURAL publicará nas súas páxinas un dossier coas fotografías do gañador.

O concurso está dirixido a todos os artistas, non maiores de 35 anos, que non expoñan a súa obra de forma individual nunha galería comercial. Deberán participar con obras de tema e técnica libres, orixinais, inéditas e non premiadas noutros certames.

Deberá enviarse, por correo ou mensaxería a
El CULTURAL (Concurso de fotografía. Avenida de San Luís, 25-27. 28033 Madrid)

- Un dossier con reproducións en papel de 10 fotografías distintas, sen enmarcar, cuxo tamaño non exceda os 30 x 30 cm., identificadas no dorso co nome do artista, título e data de realización;
- Un currículo (no que consten a súa formación e a súa traxectoria profesional, nome completo, dirección, teléfono e fotocopia do DNI)
- Unha breve explicación do proxecto que inclúa precisións sobre o tamaño, a técnica e o soporte en que se exporían as obras en caso de resultar premiadas.

O prazo de recepción de obras finaliza o 30 de abril de 2010.

No hay comentarios: