jueves, 4 de marzo de 2010

25 BOLSAS PARA ESTUDANTES DE CICLOS DE GRAO SUPERIOR DE FP OU ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

Se estás estudando o último curso dun Ciclo de Grao Superior de FP ou de Artes
Plásticas e Deseño,no ámbito de demarcación de Caja España,e queres ampliar a túa formación no 2010, através de cursos de especialización ou de prácticas laborais en empresas ou centros de alta formación, en España ou no estranxeiro, descríbeo nun Proxecto de non máis de cinco folios, indicando a actividade que desexas realizar, datas de inicio, lugar, orzamento e outros datos ou documentación que o xustifique.

Preséntao en orixinal e dúas copias, nunha sucursal de Caja España antes das 14 h. do xoves, 11 demarzo de 2010, xunto co seguinte boletin de inscrición,un informe de viabilidade do proxecto, cuberto e asinado polo Departamento de Orientación do teu Centro Educativo, un certificado académico que acredite que estás realizando o último curso do ciclo no 2009/10 e no que consten todos os módulos e as cualificacións do primeiro curso do ciclo formativo e un certificado de aceptación e viabilidade, no caso de efectuar prácticas.

O resultado da convocatoria publicarase na web da entidade financiera, na segunda quincena domes demaio de 2010.
Bases e mais información aquí

Se resultas seleccionado/a, recibirás unha bolsa por un importe máximo, de 3.000 Euros!!

No hay comentarios: