sábado, 12 de junio de 2010

A preinscripción para estudiar nas escolas de arte e superiores de deseño o ano próximo remata o vindeiro 23 de XUÑO



Aviso importante:


A preinscripción para facer os estudios de calquera Ciclo Superior ou Estudo superior (suponse que Grado en Deseño o ano próximo) nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño o ano próximo remata o día 23 de Xuño.

Pódese facer na secretaría de calquera das catro escolas. Eu recomendo a do noso centro, que a tendes aberta o Luns mañá e tarde e o resto dos días pola mañá, ata as 14 horas.

Os exámenes de ingreso serán no més de Xullo e faranse todos en Santiago.
De todo isto podedes ter a información oportuna na secretaría dos centros ou chamando por teléfono.

Avisade a todos os/as interesadas/os xa que despois non haberá outra oportunidade, xa que eliminan a opción de facer en septembro os exames de ingreso salvo para os ciclos medios.

Dende as Escolas, algúns profesores, este plantexamento o vemos como un intento por parte da administración de que a matrícula das escolas se reduza de tal xeito que teñan a disculpa perfecta para pechar ciclos e aforrar cartos (xa que si fas isto pensando en mellorar as ensinanzas dariaslle publicidade e de momento non fixeron nin un anuncio oficial sobre o tema).

Pidovos que lle deades publicidade o tema, que ninguén se quede sin estudiar o que quere por culpa da crisis económica e a idea de aforrar cartos na educación que teñen os nosos políticos.

No hay comentarios: