miércoles, 14 de julio de 2010

Apariencias




Si vos animades a visitar caldas no Cultura Quente podedes ver o que temos exposto no auditorio, vos deixo unhas imaxes da expo.

domingo, 4 de julio de 2010

Inauguramos expo en Caldas de Reis el día 6 de Xullo ás 12 da mañá



APARENCIAS

Sempre foi a paisaxe escenario de experiencias artísticas, motor de motivacións creativas ao amparo da maior obra de arte que nos podamos atopar. Moito variou a percepción do artista desde aquel home primitivo e a súa visión panteísta da natureza, o mero marco de representación do real do mundo renacentista e barroco, a espiritualidade do home romántico, a experimentación impresionista e o posterior desenvolvemento de diferentes istmos durante as primeiras décadas do século XX, que aínda que arrinconaron a natureza en beneficio do emerxente mundo urbano, sempre mantiveron aspectos da natureza como destacados referentes da súa obra. Esta consideración referencial incrementouse cos movementos artísticos expostos a partir dos anos sesenta, cando a arte rompe coa galería e sae ao exterior, intervén na natureza e traballa directamente sobre ela.

Calquera tempo coincide nun aspecto, o envorcarse a mirar facía ese territorio, en recrearse naquilo que nos rodea e poder desenvolver diferentes experiencias sobre as súas posibilidades. Juan Adrio e Vanesa Díaz propón unha nova reflexión sobre como achegarse á natureza a través de miradas. Dese acto contemplativo que tanto satisfai ao ser humano e que aquí se articula ao redor de diferentes visións. Aparencias, como eles mesmos as definen, á hora de capturar unha paisaxe, ou mellor dito un instante da paisaxe. Miradas fragmentarias dun universo vastísimo, pero con tanta capacidade de sugestión que ata o menor detalle posúe a mesma forza que unha mirada máis ampla. As súas diferentes fotografías sitúan ante nós aspectos moitas veces desprezados: insectos sobre a canle dun río, o bater das augas, a tea dunha araña, a superficie de pedra, a humidade... Silencios dunha natureza menor que se enfrontan a un fermoso horizonte ou a unha conxunción planetaria. Unha viaxe entre o inmenso e o íntimo. Unha poética do espazo e o tempo que en Caldas de Reis articúlase ao redor dun dos seus grandes valores como recipiente de todos estes efectos. O escenario perfecto para ser percorrido, como fixeron os nosos protagonistas co afán de ensinarnos a mirar unha nova articulación da paisaxe, e poder así descubrir, sen medos nin prexuízos, novas sensacións. Arte para sentir e para palpar un fluír de vida. Un fluír creativo.

Ramón Rozas

sábado, 12 de junio de 2010

A preinscripción para estudiar nas escolas de arte e superiores de deseño o ano próximo remata o vindeiro 23 de XUÑO



Aviso importante:


A preinscripción para facer os estudios de calquera Ciclo Superior ou Estudo superior (suponse que Grado en Deseño o ano próximo) nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño o ano próximo remata o día 23 de Xuño.

Pódese facer na secretaría de calquera das catro escolas. Eu recomendo a do noso centro, que a tendes aberta o Luns mañá e tarde e o resto dos días pola mañá, ata as 14 horas.

Os exámenes de ingreso serán no més de Xullo e faranse todos en Santiago.
De todo isto podedes ter a información oportuna na secretaría dos centros ou chamando por teléfono.

Avisade a todos os/as interesadas/os xa que despois non haberá outra oportunidade, xa que eliminan a opción de facer en septembro os exames de ingreso salvo para os ciclos medios.

Dende as Escolas, algúns profesores, este plantexamento o vemos como un intento por parte da administración de que a matrícula das escolas se reduza de tal xeito que teñan a disculpa perfecta para pechar ciclos e aforrar cartos (xa que si fas isto pensando en mellorar as ensinanzas dariaslle publicidade e de momento non fixeron nin un anuncio oficial sobre o tema).

Pidovos que lle deades publicidade o tema, que ninguén se quede sin estudiar o que quere por culpa da crisis económica e a idea de aforrar cartos na educación que teñen os nosos políticos.

jueves, 3 de junio de 2010

Campus PHE: catro días fotográficos en Alcalá de Henares



Si queres enseñar tus imáxenes a grandes fotógrafos, compartir opinions entre profesionais e apasionados a través del blog PHE e proxectar as tuas fotografías durante a Noite da Fotografía de Alcalá de Henares, infórmate aquí.

Xa están abertas as inscripcións para os próximos talleres impartidos por Miles Aldridge, Pieter Hugo, Adriana Lestido y Lise Sarfati do 30 de xuño o 3 de xullo.

Ademais Madrid está chea de grandes exposicións de fotografía. O que vaia que aprobeite e mire todo o que poida.

Talleres para este verán en Donosti


Bueno para o que teña tempo e poda permitirselo aquí tendes información sobre uns encontros e talleres fotográficos este verán en Donosti. Si algún se anima que nos conte que tal a esperiencia.

martes, 11 de mayo de 2010

Xa temos cursos de formación con profesionais na escola


Tendes toda a información e tarifas na sección de fotografía da aula virtual da escola. Na sección de Erregebé. Accedese como convidado. De momento quedan prazas nos talleres de Pedro Etura, David Jimenez e nas tres sesións de photoshop. Esperamos as vosas inscripcións.